Bo Queixo

Terras de Santiago » Boqueixón

Neste establecemento lévase a cabo a elaboración de queixo da Denominación de Orixe Arzúa-Ulloa. Trátase dun queixo realizado con leite enteiro, pasteurizado de vaca, con cortiza fina e elástica, entre outras moitas características que se irán descubrindo.

Na visita guiada ás instalacións da queixería, podemos coñecer o proceso de fabricación das D.O.Tetilla e Arzúa-Ulloa, para posteriormente saborear estas variedades nunha degustación.

Datas: Baixo petición. De luns a domingo

Horario: Baixo petición

Duración: Unha hora 

Guía: Si 

Prezo: 2€ por escolar

Nº de prazas: 60 escolares