Museo Etnográfico da Capela

Ferrolterra e Eume » A Capela

O Museo Etnográfico da Capela é unha rede de museos relacionados entre si, que nacen neste concello no ano 2001, co obxectivo de facer da etnografía propia un recurso turístico de interese, tanto para a persoa visitante como para a veciñanza. Lévase a cabo unha labor de recompilación e recuperación de distintos elementos relacionados coa vida humana deste territorio, pondo en valor a totalidade dos elementos que conforman o código cultural dun pobo. 

A día de hoxe, esta rede componse da Casa do Pazo onde se reflicte como as familias vivían, producían e consumían dentro dunha economía de subsistencia, o Parque Etnográfico do Sesín onde se mostra a relación secular entre o ser humano e o medio natural e o Museo da Escola que nos permite coñecer os segredos da ensinanza na Capela desde finais do S.XIX. 

Con esta proposta didáctica ofrécese á comunidade educativa o achegamento á cultura propia do noso país que nestes tempos os escolares e as escolares ven tan afastada aos modos de vida da actual sociedade das tecnoloxías.

Acceso á web do museo

 

Datas: Baixo petición

Horario: Baixo petición

Duración: Entre unha hora e unha hora e media

Guía: Si

Prezo: 1€/ escolar para grupos de máis de 15

Nº de prazas: 50, divididos en dous grupos