Outono, inverno e primavera nas Fragas do Eume

Ferrolterra e Eume » A Capela

Cada estación do ano chega cargada cunha inmensa variedade de sensacións. As paisaxes mudan de maneira máxica en cada época estacional. Para coñecer as diferentes paisaxes que nos ofrece a natureza ao longo do ano non hai nada mellor que engulirse nunha fraga. Nas Fragas do Eume poderemos gozar con todos os sentidos de tan rica diversidade: as cores, os froitos, o rexurdir das flores, a caída da folla, a aparición de cogomelos... Se o espectáculo da natureza se complementa coa arquitectura popular existente no terrtorio como os muíños, as pontes, as corripas, etc a experiencia pode ser de gran proveito para a comunidade escolar.

Con esta opción, temos a posibilidade de visitar parte das Fragas e o Mosteiro de Caaveiro, situado nun lugar privilexiado, rodeado do Río Eume e do Río Sesín e que ofrece unha panorámica de soño dun bosque máxico.

Para o acceso ao Mosteiro existe a limitación de buses con 35 prazas máximo. Se a visita se fai con bus grande supón a obrigatoriedade de acceder ao cenobio a pé, o que supón unha camiñada de 7 quilómetros aproximadamente. 

 

Datas: Baixo petición

Horario: Baixo petición

Duración: Variable, dependendo do que se camiñe, entre dúas e catro horas

Guía: Si

Prezo: 4€ por escolar

Nº de prazas: Limitado a buses de máximo 35 prazas