A educación e os coñecementos adquiridos na ensinanza obrigatoria marcan unhas bases educativas para o ser humano. Así se forxan razóns e xuízos de valor que o estudantado poderá aplicar no resto das súas actividades vitais, servíndolles de ferramentas para a súa futura formación. 

O ámbito das ciencias sociais non escapa deste concepto. É máis, convértese nunha ferramenta básica para coñecer a contorna e a historia que nos rodea. Baixo esa premisa propóñense varias rutas que axunten o fomento da percepción do contorno no que viven e que, á súa vez, completen e complementen as materias formativas das aulas. 

Desde a Deputación da Coruña trabállase pola conservación e a preservación do patrimonio da provincia do cal é responsable. Por iso crear sinerxías entre o patrimonio cultural e os máis e as máis pequenos e pequenas, convértese nun obxectivo primordial que proporcione valores e coñecementos desde a infancia.

Onde? 

Como se pode apreciar neste espazo, ofrecemos por un lado rutas en recursos patrimoniais da Deputación da Coruña e, por outro, propostas procedentes dos municipios. 

A quen vai dirixido?

O programa está dirixido a escolares entre 4 e 16 anos, de calquera centro escolar da provincia da Coruña.

A Deputación da Coruña e distintos concellos ofrecen un guía que en cada visita se encargará de explicar os puntos máis destacables e interesantes do lugar. Teñen un carácter lúdico e formativo para que o alumnado goce aprendendo. Experimenta e investiga o patrimonio que te rodea! 

Canto dura cada visita?

No tocante ao patrimonio pertencente á Deputación da Coruña os percorridos e as actividades organízanse de modo que cada visita dure arredor de dúas horas, con tempo para debuxar, escribir, pasear e coñecer non só o lugar senón tamén a contorna. En canto ás propostas municipais, a duración será variable segundo o caso.

Ten custo?

As visitas aos bens patrimoniais da Deputación da Coruña son de balde. No referido ás propostas municipais, hai recursos cuxa visita é de balde e outros nos que non o é, presentando nos mesmos prezos variables segundo o caso.

Horarios e prazas

Para reservar o data e ruta o profesorado debe poñerse en contacto coa Deputación da Coruña dende onde se confirmará a dispoñibilidade e capacidade de cada visita.

Para calquera dúbida ou aclaración pode poñerse en contacto coa Deputación Provincial, que resolverá todos aqueles aspectos descoñecidos no teléfono 981 08 05 92 ou no correo turismo@dacoruna.gal


Contacto / Reserva

70 resultado(s) obtido(s) para a busca.
Ferrolterra e Eume » Ortigueira

Visita á Serra de Coriscada, límite natural xeográfico entre os concellos de Ortigueira e Mañón.

Nesta serra atópase a necrópole megalítica de Forno dos Mouros, onde se encontrou o dolme máis antigo de Galicia, hoxe exposto nunha das salas do Museo Ortegalia.

Terras de Santiago » Arzúa

O Enredo do Abelleiro nace co obxectivo de ofrecer á sociedade unha perspectiva completa da historia da apicultura galega.

Ferrolterra e Eume » Ferrol

Con esta actividade, o alumnado poderá coñecer as instalacións portuarias de Ferrol, o centro de interpretación das Baterías e as propias Baterías de Viñas e Prioriño.

As Mariñas » Betanzos

O obxectivo desta ruta é dar a coñecer o labor dos Irmáns García Naveira, don Juan e don Jesús, grandes benfeitores da cidade no inicio do século XX.

Ferrolterra e Eume » Neda

Para coñecer os efectos das estacións o mellor é meterse nunha fraga, alí veremos as cores, os froitos, as árbores e as súas follas que caen.

Complementando iso coa arquitectura popular como son os muíños ou as pontes. Visitamos a Fraga do Belelle e a fervenza do Belelle.

Ferrolterra e Eume » A Capela

Cada estación do ano chega cargada cunha inmensa variedade de sensacións. As paisaxes mudan de maneira máxica en cada época estacional. Para coñecer as diferentes paisaxes que nos ofrece a natureza ao longo do ano non hai nada mellor que engulirse nunha fraga.

5 resultado(s) obtido(s) para a busca.

Non hai resultados.