A educación e os coñecementos adquiridos na ensinanza obrigatoria marcan unhas bases educativas para o ser humano. Así se forxan razóns e xuízos de valor que o estudantado poderá aplicar no resto das súas actividades vitais, servíndolles de ferramentas para a súa futura formación. 

O ámbito das ciencias sociais non escapa deste concepto. É máis, convértese nunha ferramenta básica para coñecer a contorna e a historia que nos rodea. Baixo esa premisa propóñense varias rutas que axunten o fomento da percepción do contorno no que viven e que, á súa vez, completen e complementen as materias formativas das aulas. 

Desde a Deputación da Coruña trabállase pola conservación e a preservación do patrimonio da provincia do cal é responsable. Por iso crear sinerxías entre o patrimonio cultural e os máis e as máis pequenos e pequenas, convértese nun obxectivo primordial que proporcione valores e coñecementos desde a infancia.

Onde? 

Como se pode apreciar neste espazo, ofrecemos por un lado rutas en recursos patrimoniais da Deputación da Coruña e, por outro, propostas procedentes dos municipios. 

A quen vai dirixido?

O programa está dirixido a escolares entre 4 e 16 anos, de calquera centro escolar da provincia da Coruña.

A Deputación da Coruña e distintos concellos ofrecen un guía que en cada visita se encargará de explicar os puntos máis destacables e interesantes do lugar. Teñen un carácter lúdico e formativo para que o alumnado goce aprendendo. Experimenta e investiga o patrimonio que te rodea! 

Canto dura cada visita?

No tocante ao patrimonio pertencente á Deputación da Coruña os percorridos e as actividades organízanse de modo que cada visita dure arredor de dúas horas, con tempo para debuxar, escribir, pasear e coñecer non só o lugar senón tamén a contorna. En canto ás propostas municipais, a duración será variable segundo o caso.

Ten custo?

As visitas aos bens patrimoniais da Deputación da Coruña son de balde. No referido ás propostas municipais, hai recursos cuxa visita é de balde e outros nos que non o é, presentando nos mesmos prezos variables segundo o caso.

Horarios e prazas

Para reservar o data e ruta o profesorado debe poñerse en contacto coa Deputación da Coruña dende onde se confirmará a dispoñibilidade e capacidade de cada visita.

Para calquera dúbida ou aclaración pode poñerse en contacto coa Deputación Provincial, que resolverá todos aqueles aspectos descoñecidos no teléfono 981 08 05 92 ou no correo turismo@dacoruna.gal


Contacto / Reserva

70 resultado(s) obtido(s) para a busca.
Ferrolterra e Eume » Ortigueira

Ruta de sendeirismo que bordea a península de Ortigueira ata chegar á praia, ao longo da cal se poden observar aves migratorias, lontras e outras especies nunha paisaxe única.

 

Datas: Baixo petición. De luns a sábado

As Mariñas » Betanzos

O obxectivo desta ruta é dar a coñecer todo o patrimonio histórico artístico da cidade de Betanzos.

O casco histórico de Betanzos foi declarado conxunto histórico artístico en 1970 e conta con dous monumentos nacionais como son as igrexas de Santa María de Azogue e San Francisco.

Costa da Morte » Ponteceso

Fermoso itinerario que transcorre a carón do río Anllóns, para o cal hai acceso en autobús. Ao longo dunha media ducia de quilómetros, que se poden completar con baixa dificultade, permite comprobar como os bosques de ribeira protexen e conservan a riqueza dos nosos ríos.

Ferrolterra e Eume » Cabanas

Con esta actividade podemos percorrer unha ruta que transcorre pola marxe do río Eume. Nesta ribeira será doado contemplar unha variada de vexetación autóctona composta por castiñeiros, carballos, bidueiros, loureiros, piñeiros, amieiros, freixos, etc.

Ferrolterra e Eume » Cariño

Con esta actividade teremos a oportunidade de achegar ao alumnado da provincia ao mundo do mar e a pesca a través da preparación dos froitos do mar nas latas de conserva. Para coñecer esta actividade típica da Comarca de Ortegal visitaremos dúas factorías: 

Ferrolterra e Eume » Ortigueira

Ruta de sendeirismo que vai desde o porto da parroquia pesqueira de Ladrido ata a praia de Esteiro.

No seu recorrido podemos visitar varios castros, miradores e acantilados.

Datas: Baixo petición. De luns a sábado

Horario: Baixo petición.

5 resultado(s) obtido(s) para a busca.

Non hai resultados.