Monumento funerario do Neolítico composto dúas mámoas superpostas: unha mámoa de 24 metros de diámetro e 1,8 metros de altura que presenta unha cámara poligonal longa, de sete ortostatos, aberta ao exterior a través dun corredor de tres treitos, orientado ao leste, ben diferenciado tanto en planta como en alzado. Este corredor, que aparecía tapado por unha lousa a xeito de porta continúa cara o exterior a través dun corredor ou dromos existentes na masa tumular.
Tanto a cámara como o corredor, presentan importantes restos de arte, sexa gravado ou pintura. É un túmulo antigo de 10,5 metros de diámetro e de 1 metro de altura, cunha estrutura interna formada por unha cámara de nove ortostatos aberta ao leste, ao que se accedía por unha entrada en pozo.
Este monumento megalítico é propiedade da Deputación da Coruña desde 1975.
Catálogo en formato PDF (11 MB) : "O dolmen de dombate: Arqueoloxía, Arquitectura e Conservación"
HORARIOS:
Infórmase da modificación dos servizos de visitas ao Dolmen de Dombate nas seguintes datas e horarios:
Día 17 de setembro de 2022
Con motivo da realización do evento “Espazos Sonoros 2022, suspéndese o acceso e as visitas ao Dolmen, tanto libres como guiadas, entre as 10.30 h e as 18.00 h
Só se permitirá o acceso ao público inscrito na actividade Espazos Sonoros 2022.