Terras de Santiago » Boqueixón
Neste establecemento lévase a cabo a elaboración de queixo da Denominación de Orixe Arzúa-Ulloa. Trátase dun queixo realizado con leite enteiro, pasteurizado de vaca, con cortiza fina e elástica, entre outras moitas características que se irán descubrindo.
Na visita guiada ás instalacións da queixería, podemos coñecer o proceso de fabricación das D.O.Tetilla e Arzúa-Ulloa, para posteriormente saborear estas variedades nunha degustación.
Datas: Baixo petición. De luns a domingo
Horario: Baixo petición
Duración: Unha hora
Guía: Si
Prezo: 2€ por escolar
Nº de prazas: 60 escolares