Camiño Portugués

Segundo o Reino de Portugal foi medrando en peso e autodeterminación, o Camiño Portugués adquiriu transcendencia, en épocas de gran importancia lírica do galego-portugués, lingua predecesora das actuais que relaciona dun xeito especial a Galicia con Portugal. A peregrinación dos portugueses á Catedral de Santiago foi moi importante.

O camiño na provincia

O Camiño Portugués percorre, na provincia de A Coruña, os municipios de Padrón, Rois, Teo, Ames e Santiago de Compostela. Padrón é refuxio de historia, de mostras patrimoniais relacionadas con ela e, tamén, de poetas. Podemos destacar atractivos concretos dos que poderá gozar o peregrino, como o seu marabilloso Xardín Botánico, a Igrexa de Santiago ou os pementos da localidade, que gozan de denominación de orixe protexida. Pola súa parte, non podemos esquecer a Iria Flavia, parroquia padronesa, que ten unha ampla relevancia histórica, posto que foi incluso sede episcopal na época dos visigodos. Destaca alí a Casa dos Canónigos, procedente do século XVIII. Xa entre Rois e Teo, pódese gozar do marabilloso espazo natural que envolve ó Pazo do Faramello, lugar da primeira fábrica de papel de Galicia. Alí, destaca a excepcional biodiversidade, con exemplares autóctonos especiais e dignos de ver.

En Ames, ao chegar ás inmediacións do Milladoiro, o peregrino xa vai notando de preto o final do traxecto, pola evidencia das vistas. Xa na propia Santiago de Compostela, e sen falar xa das marabillas que se poden ver arredor da Catedral de Santiago, aprécianse atractivos como a Capela das Ánimas, o Mosteiro San Martiño Pinario, o Mosteiro San Pelaio de Antealtares, o Pazo de Fonseca, o Pazo de Raxoi, o encanto do mercado da Praza de Abastos…

 

Etapa: Caldas de Reis - Padrón. 18,5 km

Que visitar

En Padrón atopamos o antigo porto, orixinario do s. XII, onde segundo a tradición, ata aquí chegou desde Palestina, no século I, o corpo do Apóstolo.

O paseo fluvial do río Sar, a igrexa de Santiago, que custodia 'o Pedrón', unha ara romana adicada a Neptuno e onde amarraría a Barca de Pedra, a Fonte do Carme do s. XVIII, o xardín BotánicoCasa Museo de Rosalía de Castro cunhas das moitas paradas que podemos facer nesta vila. 

Xa na parroquia de Herbón, a aldea famosa polos seus pementos, podemos visitar a igrexa románica de Santa María de Herbón

Concellos polos que pasa a ruta: 

Concello de Padrón

 

Etapa: Padrón - Santiago de Compostela. 25,2 km

Que visitar

En Iria Flavia, atopamos pegada á estrada a Fundación Camilo José Cela, localizada nas Casas dos Coengos, construídas a finais do s. XVIII. Fronte a ela,
a colexiata de Santa María de Iria. Contiguo á colexiata, atopamos o cemiterio de Adina, que conserva unha necrópole sueva do s. V.

Seguindo dirección Compostela podemos visitar o Santuario da Escravitude do s. XVIII.

Atopamos neste traxecto dúas ruínas de grande interese, por un lado o lendario Castro Lupario, onde vivía a raíña Lupa e o Castelo da Rocha Forte do s. XV, destruído durante as revoltas irmandiñas. 

Concellos polos que pasa a ruta: 

Concello de Teo

Concello de Rois

Concello de Ames

Concello de Santiago de Compostela

 

Máis información sobre o Camiño Portugués, aquí