Que está a pasar?

Convocados os primeiros Premios de Turismo da Deputación da Coruña

Recoñecerán o labor de persoas, empresas e entidades que desenvolvan a súa actividade na provincia e que destaquen pola súa traxectoria, innovación e sostibilidade ou por contribuír a calidade do turismo no territorio coruñés. O prazo para presentar candidaturas estará aberto ata o 28 de outubro.
mércores, 23 Outubro, 2024

O Boletín Oficial da Provincia vén de publicar as bases da primeira edición dos Premios de Turismo da Deputación da Coruña, que nacen para recoñecer o labor de persoas, empresas e entidades que desenvolvan a súa actividade na provincia e que destaquen pola súa traxectoria, innovación e sostibilidade ou por contribuír ao desenvolvemento diferenciador e de calidade do turismo no territorio coruñés.

Establécense cinco premios nas seguintes categorías:

  1. Mellor iniciativa de innovación e calidade turística. Para aquelas persoas, empresas ou entidades que desenvolveran durante os últimos 10 anos (desde xaneiro de 2014) programas de innovación turística diferente, innovadora, de calidade e pioneiras na provincia.
  2. Mellor iniciativa de sostibilidade social aplicada ao turismo. Para aquelas persoas, empresas ou entidades que desenvolveran durante os últimos 10 anos (desde xaneiro de 2014) accións de sostibilidade social, accións solidarias, de economía circular ou en dirección ao cumprimento dos ODS en programas ou iniciativas de promoción e desenvolvemento turístico.
  3. Mellor iniciativa da posta en valor da autenticidade do territorio. Para aquelas persoas, empresas ou entidades que desenvolveran durante os últimos 10 anos (desde xaneiro de 2014) accións que puxeran en valor o arraigo e a singularidade do territorio, incluíndo accións de mellora da sostibilidade medioambiental.
  4. Premio ao mellor proxecto de turismo emerxente. Para aquelas persoas ou empresas que, durante os últimos 3 anos (desde xaneiro de 2021), destacaran polos méritos obtidos e/ou polos resultados dun proxecto.
  5. Premio a toda unha vida dedicada ao turismo. Recoñecemento á persoa, empresa ou entidade que destacase de maneira notoria pola súa traxectoria en calquera ámbito do turismo provincial.

O xurado tamén poderá recoñecer, a título individual, a aquelas persoas, empresas ou entidades —ata un máximo de dúas— que, aínda que non fosen propostas, levasen a cabo un labor no eido do turismo provincial que mereza ser destacado.

Os gañadores recibirán un galardón conmemorativo nunha gala nunha gala organizada pola Deputación que se celebrará o 8 de novembro no Hotel NH Finisterre.

O xurado estará presidido polo vicepresidente e deputado de Turismo da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, quen participará con voz pero sen voto, e formado por persoas técnicas de turismo e profesores do grao de turismo da Universidade da Coruña.

As candidaturas presentaranse de xeito telemático na sede electrónica da Deputación da Coruña, a través da plataforma de tramitación electrónica da Deputación (SUBTEL). O prazo rematará ás 14 horas do vindeiro 28 de outubro.

As bases poden consultarse ou descargase no BOP do 11 de outubro.

Feiras, festas, rutas xeolóxicas e un castelo medieval: A oferta turística de Moeche para este verán

Un verán máis, o concello de Moeche presenta un programa para a época estival cargado de actividades.
Ferrolterra e Eume » Moeche
Calendario estival do concello de Moeche
martes, 16 Xullo, 2024

O Concello de Moeche inaugurou hai duas semanas o calendario de eventos deste verán: rutas xeolóxicas, feiras, roteiros guiados, exposicións, festas e verbenas encherán os meses de xullo, agosto e setembro dunha intensa actividade cultural e de lecer.

O Concello organizará directamente as feiras - como de costume - os roteiros guiados e andainas (que farán a pé a parroquia de Santa Cruz, a parroquia de Labacengos, o camiño entre os castelos de Moeche e Narahío e un pequeno percorrido pola historia da feira), as actividades propias do castelo e a piscina, que estará aberta na Área Recreativa de Soutogrande ata o 8 de setembro.

Ao mesmo tempo, o Concello colabora no traballo realizado polas entidades asociativas para levar a bo porto o IX Slálom “Concello de Moeche”, que terá lugar o 20 de xullo, e o Festival Irmandiño, que organiza a súa XLV edición para os días 16, 17 e 18 de agosto.

Como xa anunciamos estes días, as rutas xeolóxicas do Cobre, da Mina Piquito e do Toelo volven outro verán máis para descubrirnos a orixe e a natureza do noso patrimonio xeolóxico da man do Xeoparque Cabo Ortegal; comezan o luns 15 de xullo coa xeoruta en Piquito para a que aínda quedan prazas dispoñibles.

As inscricións na Andaina “Entre lusco e fusco”: poden facerse ata o mesmo 19 de xullo nas oficinas do departamento de Deportes; débese enviar un correo a daniel.feijoo@moeche.gal ou chamar ao 666 48 88 01.

As inscricións nos restantes roteiros guiados poden facerse enviando un correo a turismo@moeche.gal ou chamando ao 618 63 42 31 ou ao Concello- 981404006- mentres que as reservas nas rutas xeolóxicas deben facerse na páxina web do Xeoparque.

Celebración do evento "Primavera no Camiño Inglés" o vindeiro sábado 22 de xuño en A Coruña

Será nos xardíns de Mendez Nuñez (frente ao reloxo floral) en horario de 11 a 20
martes, 18 Xuño, 2024

Un ano mais, a Asociación de Concellos do Camiño Inglés e a Deputación da Coruña organizan  un evento turístic e gastronómico, onde obxectivo é poñer en valor os recursos ligados ao Camiño Inglés cun amplo programa de actividades:

ESPAZO INSTITUCIONAL E FEIRA TURÍSTICA - ESCENARIO PRIMAVERA

11.45h - 12.30h Actuación da Banda Xuvenil Airiños de Fene do Concello de Fene.

12.00h Recepción de Autoridades.

17.30h - 18.15h Actuación musical a cargo do grupo Arnela do Concello de Carral.

18.30h - 19.15h AFC Orballo “pola tradición do Camiño Inglés” do Concello de Pontedeume.

19.30h Actuación da Rondalla Bohemios do Concello de Ferrol.

OBRADOIROS INFANTÍS E ACTIVIDADES CULTURAIS - ESPAZO LÚDICO PRIMAVERA

11.00h - 19.00h Arte en directo coa artista Nana do Concello de Ordes.

16.00h - 18.00h Obradoiro infantil de barro de Brañas de Valga do Concello de Mesía.

18.00h - 20.00h Obradoiro infantil de chapas do Concello de Culleredo.

ESPAZO GASTRONÓMICO E MERCADO ARTESANAL – ESCENARIO REDE STELAR

11.30h - 12.30h Arte dos Ourives do Concello de Santiago de Compostela.

11.45h - 12.30h Cociñado da vieira da Confraría de Barallobre do Concello de Fene.

12.30h - 13.00h Degustación de queixos e requeixo por parte do Concello de Pontedeume.

13.00h - 13.30h Inauguración Institucional da 7ª edición do Primavera no Camiño Inglés.

13.45h - 15.00h Showcooking do restaurante Brasa de Beche do Concello de Abegondo.

16.00h - 17.30h Monólogo e improvisación teatral co espectáculo "Improdepor", cos actores Roi da Costa e Xavier Veiras

17.30h - 18.00h Presentación dos gañadores do IV Concurso de Fotografía Dixital do Camiño Inglés e Presentación da III Media Maratón e 10k do Camiño Inglés - Rede Stelar.

19.00h - 19.45h Showcooking “Cociña coa Rede Stelar” con A Artesa da Moza Crecha.

1.00h a 20.00h GASTROBAR con oferta gastronómica de produtos de proximidade a cargo de A Artesa da Moza Crecha.

11.00h a 20.00h MERCADO STELAR a cargo de empresas artesanais e locais.

 

Continúan as festas na provincia

Coñece a provincia a través das súas festas.
xoves, 6 Xullo, 2023

Pasado o mes de xullo, agosto non queda atrás.

AGOSTO

Neste caso o pistoletazo de saída o dá a cidade da Coruña coas súas festas de Maria Pita durante todo o mes, con actividades para tódolos públicos entre as que destacan variadas actuacións musicais e o festival Noroeste EG. 

Entre os días 3 e 6 Buño celebra a súa Mostra de Olería tradicional, con exhibicións, exposicións e obradoiros. E o día 5 podes achegarte a Padrón para celebrar a festa de exaltación do seu produto estrela, os pementos de Herbón. 

A fin de semana do 11 ao 13 teñen lugar dous eventos musicais de gran arraigo nas súas contornas: o Rock in Cambre, con máis de 30 edicións, e, cun estílo de musica máis tradicional, a Carballeira de Zas, onde poderás disfrutar de folclore e baile nun espazo natural único.

Se no mes de xullo destacaban as celebracións entorno ao Apóstolo, agosto é o mes do San Roque, onde destacan as festas na súa honra con pasarúas, verbenas e actividades para toda a familia en Sada, Melide e Betanzos. No último municipio destacan as tradicións da romaría dos Caneiros e o Globo (lanzamento dun globo aerostático de papel), sendo estas algunhas das razóns que fai que sexa Festa de Interese Turístico Nacional.

Ao mesmo tempo celebranse as festas patronais en moitas outras vilas como son as de Laxe (14-17) e as de Santa Cruz en Oleiros (19-23). 

O Festival da Luz 2023 terá lugar entre do 25 ao 27 de agosto en Boimorto un festival musical e solidario para tóda a familia, que conta coa presenza de numerosos artistas do panorama actual. Ademais, unha vez alí, podes visitar o mercado de artesanía da Deputación e no que tamén hai ambiente musical e espazos de ocio infantil. 

Para despedir a estación calorosa achegate a Ferrolterra: as Festas do Verán de Ferrol na última semana do verán coas súas actividades e actuacións musicais ou o Pantín Classic Surf Pro do 26 de agosto ao 3 de setembro, onde ademais de competir os mellores surfistas do mundo, existe unha oferta gastronómica e de actividades moi variada. 

O Encaixe no Camiño 2023 xa ten data

Como cada ano dende o 2016 a Asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas convoca unha nova edición de “O Encaixe no Camiño”  é unha feira medieval, que recrea o desembarco de Alfonso IX en Camariñas e da dama italiana que segundo a lenda ensinou a palillar. Terá lugar os próximos 28, 29 e 30 de xullo e será a VII edición do evento. 

Lugar celebración: 
Camariñas
Entradiña: 
A Asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas da a coñecer as datas nas que se celebrará a feira medieval e o prazo de inscripción para quen desexe instalar un posto xa está aberto
Galego
Data da celebración: 
venres, 28 Xullo, 2023 a domingo, 30 Xullo, 2023

EXPOSICIÓN NO FARO CABO VILÁN

A sala que xestiona a Asociación de Empresarios e Promoción Turística de Camariñas no faro Vilán acolle unha nova exposición.
Costa da Morte » Camariñas
venres, 28 Abril, 2023

Desde o día 3 de maio de 2023 a sala de exposicións que xestiona a Asociación de Empresariose de Promoción turística de Camariñas no Faro Vilán acolle unha nova mostra do colectivo LUCET.

Na exposición colectiva de pintura e fotografía, preséntanse as obras de pintura das seguintes artistas: Rosario Puente Vázquez, María José Puente Vázquez, Ana Cancela Muras,Mari Carmen Valverde Navarro, Melania Gómez Barral, Julia San Martín do Barrio, Dores Matogueira Gómez. E en fotografíase presenta a obra de Salvador Galbán Deus.

O que en Vilán pódese ver é unha nutrida representación da obra destes creadores, obra na que a luz e a sensibilidade aparecen como notas determinantes e fío condutor de todas elas, que, con disciplinas diversas, acuarelas, debuxos, gravado, fotografía e traballos en técnica mixta, representan motivos certamente variados, predominando as paisaxes mariñeiras de Galicia de gran impacto polo tratamento da luz e a cor.

Puntos de interese