Que está a pasar?

Novas

luns, 29 Maio, 2023
Nova edición de visitas teatrais no concello de Padrón.

 Achégate entre xuño e outubro a coñecer máis sobre a historia deste territorio por medio das súas visitas teatrais gratuítas. Existen catro posibilidades: ‘Chronicón Iriense’, ' A Translatio', ' Camiño Branco de Rosalía' e 'Macías e Elvira'; escolle a que máis se adecue ao teu gusto e dispoñibilidade.

luns, 12 Setembro, 2022
Baixo o lema “Cara á neutralidade en carbono”, o VI Congreso Nacional de Ecoturismo analizará, do 18 ao 20 de outubro de 2022 na Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo (A Coruña), a situación actual do sector e os pasos para seguir para conseguir esta necesaria meta
luns, 5 Setembro, 2022
Do 2 ao 30 de setembro a sala de exposicións que xestiona a Asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas no faro de cabo Vilán acolle a exposición de pintura de Lucía Moreno Spiegelberg.
Cartel das visitas guiadas no Castelo de Moeche
xoves, 14 Xullo, 2022
En previsión do aumento de afluencia de visitantes do verán, o Concello habilita un horario fixo de visitas guiadas, garante dunha maior difusión da historia do castelo entre os seus usuarios.
xoves, 14 Xullo, 2022
Do 15 ao 31 de xullo terá lugar a exposición Baterías de costa no Centro de Interpretación do Medio Marino do concello de Cabanas.

Próximos eventos

Non hai resultados.

Puntos de interese

Visitas teatrais Padrón 2023

Entradiña: 
Nova edición de visitas teatrais no concello de Padrón.
Terras de Santiago » Padrón
Imaxe: 
luns, 29 Maio, 2023
Descrición: 

 Achégate entre xuño e outubro a coñecer máis sobre a historia deste territorio por medio das súas visitas teatrais gratuítas. Existen catro posibilidades: ‘Chronicón Iriense’, ' A Translatio', ' Camiño Branco de Rosalía' e 'Macías e Elvira'; escolle a que máis se adecue ao teu gusto e dispoñibilidade.

Éxito do stand da Deputación e os seus showcookings

Entradiña: 
A área de Turismo volveu á cita anual da feira de tendencias turísticas "Expovacaciones", cun stand propio no que, ademais de dar a coñecer os recursos turísticos dos oito xeodestinos, tamén acollía un programa de showcookings para promocionar a calidade e a singularidade da gastronomía da provincia
Imaxe: 
Xosé Regueira, vicepresidente da Deputación, e Miguel Mosteiro de Gastrolab Arousa
Miguel Giaquinto, cociñeiro da Trattoria Vesuvio, nun showcooking con produtos da Costa da Morte
luns, 8 Maio, 2023
Descrición: 

Un ano máis, a área de Turismo, acodiu a esta cita internacional que se celebra en Bilbao para dar a coñecer destinos e recursos turísticos ante público especializado. Tal e como vén facendo nos últimos certames nos que participa, contou cun stand propio no que ofrecer información xenérica dos oito xeodestinos da Coruña e promoveu in situ a gastronomía propia a través de showcookings, como un factor de singularidade e identidade cultural con capacidade para atraer un tipo de turista de calidade e concienciado cos territorios que escolle visitar. Asistiron á cita 3 cociñeiros, cada un deles realizou dúas sesións de cociña en directo, unha ao mediodía e outra pola tarde, nas que ademais de promocionar a gastronomía, tamén deron a coñecer outros produtos e recursos das súas respectivas comarcas.

O cociñeiro Miguel Giaquinto, da trattoria-pizzería Vesubio de Carballo, foi o encargado de abrir o programa de showcookings como embaixador de produtos da Costa da Morte cunha receira de rissotto en dous tempos con boletus da comarca de Bergantiños e un prato de pasta della Galizia con grelos e polbo.. Xosé Regueira, vicepresidente e deputado de Turismo asegura "Trátase dunha fusión moi interesante que combina unha cociña de concepto italiano co produto de proximidade, e que encaixa perfectamente na filosofía da promoción da campaña 'A provincia que sabe' baseada, precisamente, en parámetros de sustentabilidade e compromiso co territorio".

Na segunda xornada, as demostracións de cociña en directo correron a cargo do cociñeiro Antonio Amenedo, quen foi encargado de poñer en valor a gastronomía e o produto culinario da Reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. Para isto, elaborou dúas receitas: a primeira consistiu nun 'cocido contemporáneo' de repolo de Betanzos; e a segunda nun prato de "fallos", callos con fabas da Reserva da Biosfera.

O último cociñeiro en pasar polo stand foi Miguel Mosteiro, de Gastrolab Arousa de Boiro, encargado de poñerlle o broche final ao programa de showcookins. Na sesión da mañá elaborou unha croqueta líquida de chocos na súa tinta e panko crocante, e unha tosta de broa con sardiñas de Rianxo, escalibada e maionesa de pementos de Herbón; mentres que para a sesión da tarde, levou unha receita de xurelo braseado con crema de apionabo e allada, e mexillóns con salsa de curry tailandés.

 

 

 

 

 

3º Certame de Relatos Curtos EUFUNDEVIVO

Entradiña: 
A temática deste ano é: Unha viaxe xeolóxica a San Andrés de Teixido
Ferrolterra e Eume » Cedeira
Imaxe: 
venres, 5 Maio, 2023
Descrición: 

III Certame de Relatos Curtos EUFUNDEVIVO é a terceira edición desta iniciativa literaria en torno ao santuario. A figura a tratar será a xeoloxía, fío principal do Xeoparque de Cabo Ortegal e presente nas tradicións do lugar. Desde a propia barca de pedra do Santo, ata as piedras dos «amilladoiros», ademais doutras ideas que as persoas participantes poidan tratar. 

O premio será para un dos relatos participantes e consiste en:

- Visita guiada en San Andrés de Teixido con ata 4 acompañantes

- Cadro dun artista local

- Diploma acreditativo

- Publicación do relato nos medios dixitais EUFUNDEVIVO

- Sanandreses da artesanía local

- Produtos EUFUNDEVIVO

Máis información e condicións para participar en: https://eufundevivo.com/page-zeK-o6