Que está a pasar?

A Deputación volve participar na CM Málaga Cities & Museums Internacional Trade Fair con intervencións os días 20 e 21 de xuño

A Deputación contará cunha presenza activa nos dous días de Feira, participando nunha mesa redonda sobre arte urbano o luns 20 e cunha conferencia sobre a arte contemporánea ao aire libre o martes 21, a cargo do deputado Xosé Regueira.

"Unha das apostas que está a realizar a Deputación na súa estratexia de promoción turística é a do turismo cultural, neste caso a través dos festivais de arte urbana que se desenvolven na provincia da Coruña e que levamos anos apoiando" explica Xosé Regueira.

Neste sentido convén lembrar que a institución provincial, a través da área de turismo, convoca anualmente unha liña de axudas para financiar eventos da pintura mural de arte pública.

De feito, en 2021 a Deputación apoiou o Cromático Mural Festo do Concello de Carballo con 33.205,60 € e o DesOrdes Creativa do Concello de Ordes con 19.844,00 €.

Nesta edición, ademais da participación nas mesas do programa, a Deputación deixará na cidade de Málaga unha pegada a través dun mural que realizarán os artistas urbanos Mou e Sokram, do colectivo Mutante Creativo e coordinadores do Festival DesOrdes Creativas. O mural estará situado nun equipamento municipal, denominado Centro Ciudadano Féliz Ariza. O edificio foi proposto polo Goberno municipal de Málaga por tratarse dun dos equipamentos máis concorridos da cidades e por estar situado no acceso ao Campus Universitario, ao Hospital de referencia da cidade e á Ciudad de la Justicia de Málaga.

Intervencións

O martes ás 13h, e no marco do programa principal do 'Simposio Internacional de Museos y Entidades Culturales', intervirá o Deputado. O seu relatorio enmárcase nunha serie denominada 'estudos de caso' que busca amosar aos participantes experiencias exitosas en diversos sectores. O panel no que intervén Xosé Regueira leva por título 'El (nuevo) museo híbrido. Hacia la construcción de experiencias' e abarca outras catro intervencións por parte de Rebecca Bailey, do Consello de Investigación de Artes e Humanidades de Escocia; Iñaqui Carnicero, director general de Agenda Urbana y Arquitectura, do Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana; e José Luis de Vicente, comisario e investigador cultural de Sónar + D de Barcelona.

Na tarde do luns 20 ás 17:30, a Deputación participará nunha mesa redonda baixo o epígrafe  'El Arte Urbano como elemento transformador del espacio público', no marco das xornadas técnicas, dirixidas exclusivamente a profesionais no ámbito da cultura. Nesta mesa redonda, estarán presentes dous festivais de arte urbano da provincia da Coruña: o DesOrdes Creativas, cunha intervención dos artistas urbanos que conforman o colectivo Mutante Creativo, e o Rexera Fest, cunha intervención de Maite Parga, técnica de Turismo do Concello de Carballo.

A Deputación volve participar na CM Málaga Cities & Museums Internacional Trade Fair, un evento que celebra este ano a súa segunda edición os días 20 e 21 de xuño
Imaxe: 
Galego

Apertura do Centro de Interpretación do Medio Mariño de Cabanas (CIMM)

O Concello de Cabanas ten programada a inauguración do Centro de Interpretación do Medio Mariño (CIMM) para este venres, 17 de xuño, un proxecto impulsado pola área de medio ambiente que nace coa pretensión de ser un espazo de encontro para a veciñanza e visitantes arredor da cultura mariñeira.

Co obxectivo de amosar ao público o seu potencial, o CIMM iniciará a súa axenda de actividades esta mesma fin de semana para dar a coñecer toda a súa potencialidade.

Galego

A primeira edición de 'Paseo da la' terá lugar os días 10, 11 e 12 de xuño no Concello de Cabanas

O Paseo da la nace coa pretensión de ser a primeira feira internacional de la artesanal con Denominación de Orixe (D.O), un lugar de encontro das diferentes las de orixe España e do mundo.

O evento englobará diversas actividades que se realizarán no incomparable marco do Concello de Cabanas, berce das fiandeiras, que marcaron un antes e un despois no mundo lanar.

As localizacións e actividades levarannos ao mundo da la e das ovellas, pero sobre todo mostrarán a esencia da producción artesanal da la con D.O.

Galego

A Asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas está a realizar unha limpeza en colaboración coa Asociación Mar de Fábula o próximo sábado 11 de xuño

Entre estas actividades en colaboración coa Asociación Mar de Fábula, a Asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas pretende facer un chamamento a todos os veciños e voluntarios para limpar o Coidal do Vilán e os accesos ao faro. A data da limpeza é o vindeiro día 11 de xuño ás 11:00 h. e o punto de encontro é no aparcamento do Faro. Recomendan ás persoas que acudan con luvas tipo xardinería. 

Confían en que esta actividade teña unha boa acollida e así contribuír entre todos ao coidado e respecto da natureza; xa que a Asociación conta co apoio do concello de Camariñas para a realización da mesma. 

A efectos de cobertura de seguros e medidas sanitarias compre apuntarse con nome, apelidos e DNI no correo: asociacionempresarioscamarinas@gmail.com ou ben chamando ao 647608158. 

Enmarcadas na designación do Faro Vilán como Centro Azul e dende un punto tan emblemático como é este faro, a Asociación está a desenrolar actividades relacionadas co coidado do entorno, consideradas por eles como fundamentais.
Galego

O Faro de Cabo Vilán acolle a exposición 'Mar de Crebas' do 1 de xuño ao 5 de xullo

Esta exposición de Retoque Retro, xunto coa limpeza da contorna ao Faro Vilán prevista para o próximo día 11 de xuño, forma parte dunha serie de actividades de educación ambiental e información sobre os ecosistemas litorais que a se vai levar a cabo dende a Asociación de Empresarios e Promoción Turística de Camariñas.

Galego

Sigüeiro acolle este sábado a V Primavera no Camiño Inglés, que promove os atractivos etnográficos, gastronómicos e culturais dos 18 municipios polos que pasa a ruta xacobea

A alameda de Gois en Sigüeiro (Oroso) acollerá este sábado 4 de xuño a quinta edición de Primavera no Camiño Inglés, unha iniciativa promovida pola Asociación de Concellos do Camiño Inglés, en colaboración coa Deputación da Coruña e o Concello de Oroso, para poñer en valor os múltiples atractivos etnográficos, culturais, naturais e gastronómicos desta ruta xacobea que conecta A Coruña e Ferrol con Santiago de Compostela. 

A presente foi presentada na mañá de onte na sede da institución provincial polo seu presidente Valentín González Formoso, e o presidente da Asociación do Camiño Inglés Manuel Mirás Franqueira, que estiveron acompañados polo vicepresidente provincial, Xosé Regueira Varela, e o deputado provincial e concelleiro de Turismo de Oroso, Antonio Leira Piñeiro.

Valentín González Formoso destacou que o evento volverá a reunir aos 18 concellos do Camiño Inglés despois da pandemia para potenciar a imaxe desta ruta que aumentou o seu protagonismo grazas ao traballo conxunto de Deputación, a Asociación de Concellos do Camiño Inglés e os municipios integrantes. Ademáis fixo hincapé no retorno económico que o Camiño deixa nos concellos e a sua dimesión internacional, que a Deputación e a Asociación de Concellos están a levar a cabo a través de accións turísticas tanto no Reino Unido como noutros países europeos.

Pola súa parte, Manuel Mirás agradeceu a colaboración da Deputación da Coruña e o traballo de tódolos municipios en cuestión, especialmente o do Concello de Oroso. Tamén destacou, igual que os seus compañeiros, o impacto económico do Camiño. Aspecto no que tamén incidiu o deputado Antonio Leira, indicando que para o Concello de Oroso o Camiño é unha fonte económica que deixa cantidades que representan un 9% do orzamento municipal, convertíndoo nun estímulo para a economía local, e que se fai visible a través da apertura de sete albergues nos últimos anos.

Dentro das actividades gratuitas de Primavera no Camiño Inglés, cun número de prazas limitado, uns municipios darán a coñecer a súa oferta turística, cultural e gastronómica, a través de showcookings, actuacións de música tradiciona, degustación de pratos típicos, entre outros. O evento en cuestión estará dividido en dúas carpas que representan dous escenarios diferentes: o Escenario Primavera cos postos dos 18 concellos e actividades mencionadas anteriormente e que contará a maiores co Espazo Lúdico Primavera con obradoiros infantís; e o Escenario Rede Stelar, vinculado máis á gastronomía e á artesanía, co emprego de productos de kilómetro cero.

Este evento está organizado pola Asociación de Concellos do Camiño Inglés, en colaboración coa Deputación da Coruña e o Concello de Oroso e o seu programa inclúe unha vintena de actividades gratuitas entre degustacións, showcookings, obradoiros infantís e espectáculos familiares
Imaxe: 
Galego

A Deputación da Coruña continúa a promoción do Camiño Inglés no Reino Unido.

O 18 de marzo o deputado foi o encargado de inaugurar a sinalización do segundo tramo deste Roteiro Xacobeo en Bishop Auckland.

Así, e en presenza de Amanda Hopgood, lideresa do Condado de Durham e da alcaldesa da localidade, Katie Eliot, Leira emprazou o sinal simbólico do Camiño a Santiago no chamado Parque dos Cervos.

O deputado agradeceu á Asociación Friends of Finchale Camiño o seu labor de apoio no proxecto da Deputación de sinalización do roteiro xacobeo entre a catedral de Durham e a localidade Bishop Auckland, que agora está  perfectamenteseñalizada nos seus 20 quilómetros de percorrido.

Deste xeito, a Deputación continúa o seu labor de promoción deste Roteiro de peregrinación , sumándose esta acción á promoción xa feita da primeira etapa: desde o nacemento do Camiño Inglés, na abadía de Finchale, ata a catedral. Neste último tramo tamén colaborou a Xunta de Galicia, co financiamento da sinalización.

A comitiva tamén percorreu na súa visita un tramo xacobeo e participou en diversos encontros para coñecer máis de preto a realidade da zona.   Tamén se reuniu con persoal do concello de Bishop Auckland para decidir a localización da fonte do Camiño Inglés que a Deputación achegará, como parte do proxecto Life Water Way, cofinanciado con fondos europeos. Tamén se visitou  a xoia gótica do palacio do arcebispo e a Spanish Gallery, centro cultural que acolle a maior colección persoal do mundo do pintor  do século de ouro español, Zurbarán.

Aos actos tamén se sumou a xerente da Asociación de Concellos do Camiño Inglés, Cristina García sinalando que “moitas persoas presentes levan o pasaporte de peregrino, xa que esta etapa está recoñecida oficialmente como unha sección oficial do Camiño Inglés, como inicio do Roteiro cara a Santiago de Compostela”.

Para finalizar, Leira reuniuse con Michelle Gorman, directora da Axencia de Turismo do Condado de  Durham para tratar sobre accións conxuntas en materia de promoción turística buscando proxectos conxuntos de interese común.

 

Unha delegación encabezada polo deputado de Facenda, Antonio Leira, participou en eventos de promoción turística con destacadas autoridades do Condado de Durham e da localidade Bishop Auckland, ao noroeste da Inglaterra
Imaxe: 
Visita a Castillo de Bishop Auckland- colección de pinturas de Zurbarán
Inauguración del segundo tramo del Camino de Durham a Bishop Auckland
Galego

Novas

venres, 17 Xuño, 2022
A Deputación volve participar na CM Málaga Cities & Museums Internacional Trade Fair, un evento que celebra este ano a súa segunda edición os días 20 e 21 de xuño

A Deputación contará cunha presenza activa nos dous días de Feira, participando nunha mesa redonda sobre arte urbano o luns 20 e cunha conferencia sobre a arte contemporánea ao aire libre o martes 21, a cargo do deputado Xosé Regueira.

"Unha das apostas que está a realizar a Deputación na súa estratexia de promoción turística é a do turismo cultural, neste caso a través dos festivais de arte urbana que se desenvolven na provincia da Coruña e que levamos anos apoiando" explica Xosé Regueira.

Neste sentido convén lembrar que a institución provincial, a través da área de turismo, convoca anualmente unha liña de axudas para financiar eventos da pintura mural de arte pública.

De feito, en 2021 a Deputación apoiou o Cromático Mural Festo do Concello de Carballo con 33.205,60 € e o DesOrdes Creativa do Concello de Ordes con 19.844,00 €.

Nesta edición, ademais da participación nas mesas do programa, a Deputación deixará na cidade de Málaga unha pegada a través dun mural que realizarán os artistas urbanos Mou e Sokram, do colectivo Mutante Creativo e coordinadores do Festival DesOrdes Creativas. O mural estará situado nun equipamento municipal, denominado Centro Ciudadano Féliz Ariza. O edificio foi proposto polo Goberno municipal de Málaga por tratarse dun dos equipamentos máis concorridos da cidades e por estar situado no acceso ao Campus Universitario, ao Hospital de referencia da cidade e á Ciudad de la Justicia de Málaga.

Intervencións

O martes ás 13h, e no marco do programa principal do 'Simposio Internacional de Museos y Entidades Culturales', intervirá o Deputado. O seu relatorio enmárcase nunha serie denominada 'estudos de caso' que busca amosar aos participantes experiencias exitosas en diversos sectores. O panel no que intervén Xosé Regueira leva por título 'El (nuevo) museo híbrido. Hacia la construcción de experiencias' e abarca outras catro intervencións por parte de Rebecca Bailey, do Consello de Investigación de Artes e Humanidades de Escocia; Iñaqui Carnicero, director general de Agenda Urbana y Arquitectura, do Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana; e José Luis de Vicente, comisario e investigador cultural de Sónar + D de Barcelona.

Na tarde do luns 20 ás 17:30, a Deputación participará nunha mesa redonda baixo o epígrafe  'El Arte Urbano como elemento transformador del espacio público', no marco das xornadas técnicas, dirixidas exclusivamente a profesionais no ámbito da cultura. Nesta mesa redonda, estarán presentes dous festivais de arte urbano da provincia da Coruña: o DesOrdes Creativas, cunha intervención dos artistas urbanos que conforman o colectivo Mutante Creativo, e o Rexera Fest, cunha intervención de Maite Parga, técnica de Turismo do Concello de Carballo.

Fotografía de @CLASSICSURFPRO durante o primeiro día do evento
luns, 28 Xuño, 2021
Comenza o ABANCA PANTÍN CLASSIC GALICIA PRO 2021
O vicepresidente e deputado de turismo Xosé Regueira, a Técnica en Xestión de Proxectos Paula Cabado e a Xefa de Sección de promoción e desenvolvemento turístico Maite Loureiro
luns, 21 Xuño, 2021
O vicepresidente e deputado de Turismo, Xosé Regueira, e a alcaldesa Inés Rey asistirán á primeira edición deste foro e á Feira de Cidades e Museos que se celebra do 21 ao 22 de xuño.
O presidente, González Formoso, durante a súa presentación na feira
domingo, 20 Xuño, 2021
Ferrol acolleu a cuarta edición de Primavera no Camiño Inglés, que estaba inicialmente programada para o ano 2020, pero tivo que ser adiada debido á pandemia. Nas súas edicións anteriores, celebradas en Pontedeume e Betanzos, consolidárona como unha cita anual de promoción do Camiño Inglés.
Como comunicar un destino turístico no século XXI
luns, 14 Xuño, 2021
A Deputación da Coruña colabora con AGAVI e AGETAN para realizar esta xornada

Próximos eventos

Puntos de interese

Videoteca

Please configure this section in the admin page