O bosque animado

As Mariñas » Cambre

As grandes casas señoriais aínda son hoxe en día contempladas con admiración. Son numerosos os pazos existentes na xeografía galega. Nesta opción pedagóxica ofrécese a posibilidade de visitar dúas vivendas cun encanto especial, situadas en contornas únicas que nos axudará a facer unha pequena viaxe no tempo e coñecer as formas de vida que se albergaban nestas edificacións de gran valor histórico e artístico. 

Nesta visita téntase coñecer por dentro como era a vida dentro dun pazo e como é a súa contorna;

No caso de Villa Florentina situada ao pé da Fraga de Cecebre, atopámonos un espazo espectacular que chegou a inspirar unha das grandes novelas galegas: “O bosque animado”, do autor Wenceslao Fernández Florez. Nesta casa convertida en casa-museo do escritor, poderase facer un percorrido pola vida e a obra deste escritor fundamental da nosa literatura. 

A outra visita que recolle esta proposta é o achegamento ao Pazo de Mariñán, vivenda que marca un fito na comarca e na provincia do Séc. XVIII. No caso do Pazo de Mariñán, xunto cos seus maxestuosos xardíns, confórmase un conxunto histórico-artístico e monumental.