Os petróglifos, dos termos petros (pedra) e glyphein (tallar), defínense como unha representación gráfica gravada nas rochas ou pedras, un conxunto de gravados rupestres ao aire libre cunha complexa simboloxía que supuxo os primeiros vestixios da escritura.
A maioría destes gravados, en Galicia, encádranse na Idade dos Metais, en concreto na Idade de Bronce cos inicios da fundición do cobre con estaño.
Xeografía e contexto
No territorio do val do Ulla e da Maía, dentro dos termos municipais de Ames, Brión, Santiago, Teo e Val do Dubra, catalogáronse ao redor de 120 petróglifos cunha gran variedade de formas desde animais e armas, a labirintos e cruceiros.
En 2016 produciuse un incendio que calcinou máis de 21 hectáreas no Monte de San Miguel, desvelando así moitos destes gravados que antes estaban cubertos de vexetación. A pesar deste fortuíto descubrimento, o infortunado evento condicionou o seu óptimo estado de conservación ademais de afectar gravemente o patrimonio natural adxacente.
O proxecto
Ante este fito e a gran transcendencia etnográfica, nace un convenio de cooperación intermunicipal para implementar e xestionar o proxecto de investigación, conservación e divulgación da arte rupestre neste territorio acuñado como ‘Parque Compostela Rupestre’.
Mais información: https://compostelarupestre.gal/