Ruta ideal para observar os distintos tipos de dunas, as adaptacións da flora dunar ou os habitantes do rochedo.
Recursos
Ruta duns 14 quilómetros de dificultade media, ideal para contemplar unha gran diversidade arbórea a carón dos regatos e tamén unha ampla variedade de gando pacendo tranquilamente (vacas, cabalos e cabras).
Nesta actividade levaranse a cabo distintas visitas a lugares onde aínda se recollen as algas de maneira natural.
Camiño doado de andar, co que se percorren en torno a 12 quilómetros, avistando moitos dos compoñentes das minas de San Finx, das que se extraeron grandes cantidades de estaño e wolframio, material este último que lles concedeu un papel significativo na historia da Segunda Guerra Mundial.
Cambás é unha parroquia pertencente a Aranga con distintas particularidades: conta coa maior altitude do concello, ten unha paisaxe singular, e é onde máis destaca o sector produtivo da gandería ademais de conservar restos de épocas antergas...
Interesante ruta que permite coñecer as paisaxes naturais e os monumentos do concello de Aranga.
Invitará ás nenas e nenos a reflexionar sobre múltiples aspectos de fontes, o campo da festa, a ponte, a igrexa, o propio concello... posibilitando aprender descubrindo.