Esta ruta é ideal para coñecer o patrimonio asociado ao enclave, aos aspectos xeolóxicos e aos ambientais.
Recursos
Ruta de sendeirismo que transcorre polos distintos recursos patrimoniais da zona (igrexas, ponte, petroglifo...), sen deixar de centrarse tamén nas vistas e a paisaxe natural. Mención aparte merece a visita ás antigas fábricas de papel, testemuñas privilexiadas da historia da vila.
Na vila de Ortigueira podemos gozar tamén dunha ruta ao redor dos Produtos Típicos da zona. Levarase a cabo unha visita ao mercado e degustación, combinada con paseo polo casco histórico, dando así valor aos produtos locais e de proximidade.
Datas: Os xoves
Paseo literario duns 3,5 quilómetros de dificultade baixa, para o cal hai acceso de autobús. Transcorre polos lugares que inspiraron ao poeta Eduardo Pondal, autor da letra do himno galego e, tamén, voz da paisaxe de Bergantiños.
Nesta actividade faremos unha ruta que partirá do piñeiral anexo á praia da Magdalena, este espazo está formado por piñeiros, salgueiros, carballos, mimosas e outras especies arbóreas.
Visita ás minas de Pasek España (dunita) e a Monte Viso, en Bares, onde podemos atopar ollo de sapo, granodiorita, granito..