As Campeiras é un centro de educación ambiental que se atopa no Concello das Pontes.
Recursos
O Espazo Natural de Traba está composto por unha estreita lagoa costeira, moi rica en flora e fauna, un cordón dunar e unha praia de preto de 2 quilómetros de lonxitude. Todo o conxunto, asentado no Val de Traba, está rodeado polas formacións montañosas ou penedos de Traba.
O espazo natural Razo-Baldaio ocupa unha grande parte do litoral de do concello de Carballo. Está composto polo areal de Razo cunha parte visible de praia fósil e por un complexo dunar que o une á lagoa e marisma de Baldaio.
A través desta actividade faremos un percorrido polos barrios históricos de Ferrol (Ferrol Vello e Barrio da Magdalena) visitando os puntos e monumentos principais nos que coñeceremos que a historia está ligada non só aos homes que os habitaron senón tamén ás mulleres, famosas ou anónimas, ferrol
Esta ruta ofrece a oportunidade de percorrer as ribeiras do río Pontellas, na que se pode facer unha parada nun muíño tradicional e unha pequena minicentral eléctrica, así como cruzar numerosas pontellas, elementos que dotan dun grande valor etnográfico ao percorrido.
A Fraga dos Casás é un dos últimos redutos do bosque atlántico autóctono. Está situado xunto ao Río Mera, entre as Fragas do Eume e as Grañas do Sor. Nel podemos apreciar a súa riqueza e variedade arbórea: teixos, carballos, castiñeiros, cerdeiras, xibardas, sanguiños...