A educación e os coñecementos adquiridos na ensinanza obrigatoria marcan unhas bases educativas para o ser humano. Así se forxan razóns e xuízos de valor que o estudantado poderá aplicar no resto das súas actividades vitais, servíndolles de ferramentas para a súa futura formación. 

O ámbito das ciencias sociais non escapa deste concepto. É máis, convértese nunha ferramenta básica para coñecer a contorna e a historia que nos rodea. Baixo esa premisa propóñense varias rutas que axunten o fomento da percepción do contorno no que viven e que, á súa vez, completen e complementen as materias formativas das aulas. 

Desde a Deputación da Coruña trabállase pola conservación e a preservación do patrimonio da provincia do cal é responsable. Por iso crear sinerxías entre o patrimonio cultural e os máis e as máis pequenos e pequenas, convértese nun obxectivo primordial que proporcione valores e coñecementos desde a infancia.

Onde? 

Como se pode apreciar neste espazo, ofrecemos por un lado rutas en recursos patrimoniais da Deputación da Coruña e, por outro, propostas procedentes dos municipios. 

A quen vai dirixido?

O programa está dirixido a escolares entre 4 e 16 anos, de calquera centro escolar da provincia da Coruña.

A Deputación da Coruña e distintos concellos ofrecen un guía que en cada visita se encargará de explicar os puntos máis destacables e interesantes do lugar. Teñen un carácter lúdico e formativo para que o alumnado goce aprendendo. Experimenta e investiga o patrimonio que te rodea! 

Canto dura cada visita?

No tocante ao patrimonio pertencente á Deputación da Coruña os percorridos e as actividades organízanse de modo que cada visita dure arredor de dúas horas, con tempo para debuxar, escribir, pasear e coñecer non só o lugar senón tamén a contorna. En canto ás propostas municipais, a duración será variable segundo o caso.

Ten custo?

As visitas aos bens patrimoniais da Deputación da Coruña son de balde. No referido ás propostas municipais, hai recursos cuxa visita é de balde e outros nos que non o é, presentando nos mesmos prezos variables segundo o caso.

Horarios e prazas

Para reservar o data e ruta o profesorado debe poñerse en contacto coa Deputación da Coruña dende onde se confirmará a dispoñibilidade e capacidade de cada visita.

Para calquera dúbida ou aclaración pode poñerse en contacto coa Deputación Provincial, que resolverá todos aqueles aspectos descoñecidos no teléfono 981 08 05 92 ou no correo turismo@dacoruna.gal


Contacto / Reserva

70 resultado(s) obtido(s) para a busca.
Ría de Muros e Noia » Muros

Esta ruta é ideal para coñecer o patrimonio asociado ao enclave, aos aspectos xeolóxicos e aos ambientais.

Ría de Muros e Noia » Lousame

Ruta de sendeirismo que transcorre polos distintos recursos patrimoniais da zona (igrexas, ponte, petroglifo...), sen deixar de centrarse tamén nas vistas e a paisaxe natural. Mención aparte merece a visita ás antigas fábricas de papel, testemuñas privilexiadas da historia da vila.

Ferrolterra e Eume » Ortigueira

Na vila de Ortigueira podemos gozar tamén dunha ruta ao redor dos Produtos Típicos da zona. Levarase a cabo unha visita ao mercado e degustación, combinada con paseo polo casco histórico, dando así valor aos produtos locais e de proximidade.

Datas: Os xoves

Costa da Morte » Ponteceso

Paseo literario duns 3,5 quilómetros de dificultade baixa, para o cal hai acceso de autobús. Transcorre polos lugares que inspiraron ao poeta Eduardo Pondal, autor da letra do himno galego e, tamén, voz da paisaxe de Bergantiños.

Ferrolterra e Eume » Cabanas

Nesta actividade faremos unha ruta que partirá do piñeiral anexo á praia da Magdalena, este espazo está formado por piñeiros, salgueiros, carballos, mimosas e outras especies arbóreas.

Ferrolterra e Eume » Ortigueira

Visita ás minas de Pasek España (dunita) e a Monte Viso, en Bares, onde podemos atopar ollo de sapo, granodiorita, granito..

5 resultado(s) obtido(s) para a busca.

Non hai resultados.