O Museo do Humor de Fene bota andar na década dos oitenta a partir dunha exposición dos debuxantes Siro e Xaquín Marín, onde presentaban un manifesto a favor da mobilización en defensa do humor. Trátase dun Museo moi necesario ante a realidade dos nosos días.
A educación e os coñecementos adquiridos na ensinanza obrigatoria marcan unhas bases educativas para o ser humano. Así se forxan razóns e xuízos de valor que o estudantado poderá aplicar no resto das súas actividades vitais, servíndolles de ferramentas para a súa futura formación.
O ámbito das ciencias sociais non escapa deste concepto. É máis, convértese nunha ferramenta básica para coñecer a contorna e a historia que nos rodea. Baixo esa premisa propóñense varias rutas que axunten o fomento da percepción do contorno no que viven e que, á súa vez, completen e complementen as materias formativas das aulas.
Desde a Deputación da Coruña trabállase pola conservación e a preservación do patrimonio da provincia do cal é responsable. Por iso crear sinerxías entre o patrimonio cultural e os máis e as máis pequenos e pequenas, convértese nun obxectivo primordial que proporcione valores e coñecementos desde a infancia.
Onde?
Como se pode apreciar neste espazo, ofrecemos por un lado rutas en recursos patrimoniais da Deputación da Coruña e, por outro, propostas procedentes dos municipios.
A quen vai dirixido?
O programa está dirixido a escolares entre 4 e 16 anos, de calquera centro escolar da provincia da Coruña.
A Deputación da Coruña e distintos concellos ofrecen un guía que en cada visita se encargará de explicar os puntos máis destacables e interesantes do lugar. Teñen un carácter lúdico e formativo para que o alumnado goce aprendendo. Experimenta e investiga o patrimonio que te rodea!
Canto dura cada visita?
No tocante ao patrimonio pertencente á Deputación da Coruña os percorridos e as actividades organízanse de modo que cada visita dure arredor de dúas horas, con tempo para debuxar, escribir, pasear e coñecer non só o lugar senón tamén a contorna. En canto ás propostas municipais, a duración será variable segundo o caso.
Ten custo?
As visitas aos bens patrimoniais da Deputación da Coruña son de balde. No referido ás propostas municipais, hai recursos cuxa visita é de balde e outros nos que non o é, presentando nos mesmos prezos variables segundo o caso.
Horarios e prazas
Para reservar o data e ruta o profesorado debe poñerse en contacto coa Deputación da Coruña dende onde se confirmará a dispoñibilidade e capacidade de cada visita.
Para calquera dúbida ou aclaración pode poñerse en contacto coa Deputación Provincial, que resolverá todos aqueles aspectos descoñecidos no teléfono 981 08 05 92 ou no correo turismo@dacoruna.gal
Contacto / Reserva
A exposición permanente do Museo do Mar permite coñecer a través de catro salas a historia e evolución da vila mariñeira de Laxe ao longo dos últimos séculos.
Esta visita ofrece a posibilidade de coñecer máis sobre o mundo marítimo e pesqueiro, incidindo tamén na conservación e na conciencia medioambiental.
No Museo do Xacemento Romano os escolares terán acceso a moito máis que ver un conxunto de restos conservados. E é que mediante un paso do particular ao xeral, esta visita permite aprender sobre a realidade socioeconómica que prevalecía durante a época do Imperio Romano.
O Museo Etnográfico da Capela é unha rede de museos relacionados entre si, que nacen neste concello no ano 2001, co obxectivo de facer da etnografía propia un recurso turístico de interese, tanto para a persoa visitante como para a veciñanza.
Naturmaz é un centro de turismo activo ubicado en Mazaricos ao lado do encoro da Fervenza. Ofrece diferentes programas escolares con actividades multiaventura (escalada, paintball, kayak, tirolina...) así como campamentos.
Non hai resultados.