O parque temático de Aldea Nova, situado no concello de Narón, ofrece diferentes posibilidades para a realización de actividades e talleres en calquera época do ano, tanto ao aire libre, poñéndonos en contacto coa natureza, a través das marabillosas paisaxes que rodean este entorno; como a través
A educación e os coñecementos adquiridos na ensinanza obrigatoria marcan unhas bases educativas para o ser humano. Así se forxan razóns e xuízos de valor que o estudantado poderá aplicar no resto das súas actividades vitais, servíndolles de ferramentas para a súa futura formación.
O ámbito das ciencias sociais non escapa deste concepto. É máis, convértese nunha ferramenta básica para coñecer a contorna e a historia que nos rodea. Baixo esa premisa propóñense varias rutas que axunten o fomento da percepción do contorno no que viven e que, á súa vez, completen e complementen as materias formativas das aulas.
Desde a Deputación da Coruña trabállase pola conservación e a preservación do patrimonio da provincia do cal é responsable. Por iso crear sinerxías entre o patrimonio cultural e os máis e as máis pequenos e pequenas, convértese nun obxectivo primordial que proporcione valores e coñecementos desde a infancia.
Onde?
Como se pode apreciar neste espazo, ofrecemos por un lado rutas en recursos patrimoniais da Deputación da Coruña e, por outro, propostas procedentes dos municipios.
A quen vai dirixido?
O programa está dirixido a escolares entre 4 e 16 anos, de calquera centro escolar da provincia da Coruña.
A Deputación da Coruña e distintos concellos ofrecen un guía que en cada visita se encargará de explicar os puntos máis destacables e interesantes do lugar. Teñen un carácter lúdico e formativo para que o alumnado goce aprendendo. Experimenta e investiga o patrimonio que te rodea!
Canto dura cada visita?
No tocante ao patrimonio pertencente á Deputación da Coruña os percorridos e as actividades organízanse de modo que cada visita dure arredor de dúas horas, con tempo para debuxar, escribir, pasear e coñecer non só o lugar senón tamén a contorna. En canto ás propostas municipais, a duración será variable segundo o caso.
Ten custo?
As visitas aos bens patrimoniais da Deputación da Coruña son de balde. No referido ás propostas municipais, hai recursos cuxa visita é de balde e outros nos que non o é, presentando nos mesmos prezos variables segundo o caso.
Horarios e prazas
Para reservar o data e ruta o profesorado debe poñerse en contacto coa Deputación da Coruña dende onde se confirmará a dispoñibilidade e capacidade de cada visita.
Para calquera dúbida ou aclaración pode poñerse en contacto coa Deputación Provincial, que resolverá todos aqueles aspectos descoñecidos no teléfono 981 08 05 92 ou no correo turismo@dacoruna.gal
Contacto / Reserva
No interior do recinto amurallado dun castro de máis de 5000 anos de antigüidade, sitúanse hoxe en día as instalacións dunha acolledora e moderna zona de ocio para o goce do tempo libre.
Componse dos seguintes elementos:
Neste museo do Arquivo da Pesca poderás coñecer a historia da vila mariñeira de Caión a través da actividade pesqueira.
Coa visita ao concello das Pontes a comunidade escolar poderá comprender gran parte da historia do Século XX, dadas as circunstancias sociais vinculadas á súa condición industrial.
Unha ruta para descubrir a forma e o sentido dunha estrutura urbanística única en Galicia: o barrio da Magndalena. O plano urbanístico deste barrio foi aprobado por Carlos III no ano 1761 e é un dos exemplos máis singulares da arquitectura da Ilustración do século XVIII.
Neste establecemento lévase a cabo a elaboración de queixo da Denominación de Orixe Arzúa-Ulloa. Trátase dun queixo realizado con leite enteiro, pasteurizado de vaca, con cortiza fina e elástica, entre outras moitas características que se irán descubrindo.
As grandes casas señoriais aínda son hoxe en día contempladas con admiración. Son numerosos os pazos existentes na xeografía galega.
Situado nun montículo rochoso entre os ríos Eume e Sesín, en pleno corazón das Fragas do Eume, O Mosteiro de
Poder tocar o barro, crear coas mans, coñecer que sucede para que o barro pase de ser unha materia prima a converterse nun obxeto… con esta idea xorde a posibilidade de visitar o Eco-Museo Forno do F
Situado na parte alta do río Mandeo, o Centro de Interpretación de Teixeiro (Curtis) ten unha dobre función: divulgativa a través do centro de interpretación, no que usando o río como fío conductor ponse en valor o patrimonio cultural e etnográfico de toda a ribeira do río Mandeo e formativa, xa
A experiencia transcorre entre o Pazo das Torres do Allo, un dos pazos máis antigos de Galicia, cun museo temático sobre a vida nel, e o